Archivo para febrero 8th, 2013

Mes ecolóxico no IES Illa de Arousa

viernes, febrero 8th, 2013

No IES da Illa de Arousa siguen  loitando contra o frio inverno e están a aproveitar ao máximo o cultivo no invernadoiro . Aquí nos contan os seus logros e a súa axenda que da idea do excelente traballo que desenvolven.

Maña comezamos coa primeira das actividades que englobamos nos meses de Febreiro e Marzo ecolóxicos…cada ano máis…

O Venres 1 de Febreiro faremos unha visita co alumnado de 4º da ESO á Exposición sobre Cambio Climático que esta instalada na sala de Exposicións do Auditorio do Concello da Illa de Arousa. A exposición cuio título é “O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN” esta feita polo CEIDA da Consellería de Medio Ambiente y estará guiada polo monitor Ramón Molina que fara unha serie de actividades didácticas co alumnado para facerlles comprender as Consecuencias do Cambio climático e as actividades que nos podemos levar a cabo para previr os efectos no medio ambiente. A actividade comezará as 9.10 e rematará ás 10.30.

Outras das actividades que se farán son Visita ao punto limpo do Concello da Illa, Visita ao Parque eólico Sotavento e itinerario polas Fragas do Eume, Visita aos museos científicos de Coruña, Charla do Seprona, Visionado da película “Cenizas del cielo”, Visionado de diferentes materiais feitos sobre o Prestige, Obradoiro de Arte e Natureza, obradoiro de papel reciclado e como non unha serie de actividades relacionadas coa horta e o invernadoiro do centro plantacións, venta de verdura ecolóxica…. Tamén temos programado levar a cabo unha repoboación forestal coas árbores do noso viveiro como cada ano en colaboración co Concello da Illa para rehabilitar algún sitio de interese.

ojd