Archivo para octubre 31st, 2012

Actividades de sensibilización no Guillelme Brown

Miércoles, octubre 31st, 2012

Unha experiencia marabillosa desde o Gullelme Brown. A ciencia e a conciencia, que se experiementa e desfruta con todos os sentidos. Parabéns.

Cada curso escolar é unha nova aventura porque non existe un igual ca outro pero o que si intentamos manter como se estivese institucionalizado, é unha das actividades máis emotivas e sensacionais que recordo no colexio…DARLLE  A  LIBERDADE A UN  ANIMAL … unha das aves que estiveron a recuperar no Centro de Recuperación de Aves do Rodicio.

Como saberedes O Centro do Rodicio é un dos Centros de Recuperación de Aves que temos en Ourense e xa vai uns cantos anos que estamos a colaborar con eles ..ou mellor dito…son eles os que están a colaborar connosco  porque  cada curso escolar están dispostos a vir ó colexio, explicar o que lle aconteceu ó animal que imos soltar e o por qué da súa cautividade temporal.

Nas imaxes pódense detectar o que é esta actividade  para os nenos, pais, profesores, é dicir, para toda a comunidade escolar,  pois é enorme a atención que lle  prestan  a Vicente ( experto do Rodicio ) cando lles conta como atoparon a ave que está a amosarnos, os problemas que tiveron que resolver, cando lles explica que eles son coma un hospital para curar e que non teñen intención de “domesticar” ou quedar cos animais que lles chegan,  senón que o obxectivo é curalos  para que volvan a vivir no seu medio natural, cos seus conxéneres e  sen “humanizarse” soamente vivindo tal e como viven os da súa especie. Creo que é unha boa clase de ciencias para todos ¡

Hai máis de 10 anos que estamos a soltar algunha das aves que estiveron recuperándose temporalmente no Rodicio, dende  milanos, aguias ratoeiras, curuxas, mouchos, cernícalos…e sempre podíamos ver como se elevaban no espazo para gañar altura e deixarnos cunha sensación de liberdade estupenda. A novidade deste curso foi que non podíamos soltar a ningunha porque as aves que estiveron a recuperarse eran migratorias e non puideron esperar ó 29 de setembro para soltalas pois esta data facíase demasiado tarde e o risco demasiado grande …¡ que non migraran cos da súa especie e tiveran que pasar aquí o

inverno!…pareceume unha boa clase para os meus alumnos…

Así que, Vicente tróuxonos un Bufo Real ó que lle faltaba a metade dunha á e un  aguia cobreira  que tiña unha á deteriorada e non podía voar. Ámbas as dúas aves pasarán a súa vida no Centro do Rodicio porque non poderían sobrevivir no medio con estas dificultades físicas xa que non poden cazar o que lles impide alimentarse e poderían ser cazadas por calquera outra especie necesitada de comida …segue a ser unha boa clase de ciencias!…É fácil pensar que as dúas teñen a súa vida resolta, pois xa non teñen que preocuparse de buscar o alimento…¡téñeno asegurado!…pero eu   propóñolles aos rapaces …

1.- Gustaríavos vivir sen a posibilidade de elixir o que queredes facer?…

2 .- Se puideras elixir entre vivir sen unha perna sen traballar ou vivir coas dúas pernas aínda que teñas que traballar cada día…?

3 .- Unha gaiola deixa de ser tal aínda que teñas todas as necesidades cobertas?

Creo que tivemos unha boa clase e un día estupendo, pois aprendemos a convivir entre nós e tamén a respectar a outros seres vivos que conviven no noso contorno.

Agradecer a todas as persoas que estiveron este día no colexio para compartir  esta experiencia e por suposto a Concha, fundadora do Centro de Recuperación de Aves do Rodicio, que sempre estivo disposta a visitarnos, explicar o traballo que estaban a facer no Centro e que nos iniciou nesta aventura. Tamén a Vicente que cada ano vén ó Colexio na compaña das súas aves, aínda que lle pidamos que veña na súa hora de comer e, por suposto, a todas as  persoas que traballan no Centro.

AGUIA   COBREIRA

Circaetus gallicus

Características

Alcanza unha envergadura das ás máxima de 180 cm, aproximadamente o  mesmo que a garza real, pero como planador soberano é de constitución moito mais lixeira. No voo chaman a atención as súas partes inferiores claras. As escuras puntas das ás destacan da cara inferior das ás. Posúe unha gran cabeza, na que destacan os seus grandes ollos amarelos

aguia cobreira

Hábitat:

Esta  aguia precisa de campiñas abertas e soleadas, con árbores diseminadss ou monte baixo.

Na Europa central medieval, dende o  punto de vista agrícola cuberta de pastizais e con  árbores xa cortadas, esta aguia era nativa de toda ela. Coa aparición dos abonos químicos, cada vez foron mais as campiñas que se traballaron co arado, desaparecendo esta gran ave do noso entorno, o mesmo que a súa comida, os réptiles. Son aves estritamente migratorias, que pasan os invernos nas sabanas próximas ó ecuador, onde son nativas outra gran cantidade de especies cobreiras. Déixanos en setembro e volve entre marzo e abril para criar.Atópase distribuída por toda a Península Ibérica, aínda que resulta menos común no litoral cantábrico e  nas extensas chairas  cultivadas das dúas mesetas.

Reprodución

Fan o niño en árbores baixss, en rexións sen árbores ou sobre os arbustos que crecen nas gretas das paredes de rochas escarpadas. A femia  incuba en maio e xuño, durante 35 a 40 días, un único ovo branco e  mantense case sempre sobre o niño.

A cría permanece entre 60 e 80 días no niño, sendo abrigado pola súa nai, mentres o pai  procura traer alimento para ambos. Xa de pequenos,  poden devorar serpes que pesan moito máis ca ela. Os xoves  son dunha tonalidade moito máis pálida que os adultos y presentan unha cabeza temporalmente case branca.

Dieta

Aliméntase sobre todo de serpes. Ademais, come lagartos, ras, aves que viven no solo, caracois ou insectos. O macho pode levar ata o niño grandes serpes metidas no buche, e o poliño sácaas como se tirase dunha corda.

BUFO REAL

Bubo bubo

Características:

É a rapaz nocturna europea mais grande. Presenta uns fachóns de plumas escuras moi sobresaíntes na cabeza simulando un par de orellas.Adulto: Presenta o dorso e a cabeza de cor parda leonada con abundantes manchas escuras, case negras. A  parte baixa da cara e gorxa son brancas. Nas partes inferiores presenta unha cor amarela con manchas lonxitudinais moi escuras e grosas sobre o peito e unhas manchas verticais mais finas no ventre. As plumas chegan a cubrir totalmente os dedos. As femias son mais grandes que os machos.

Hábitat:

Utilizan todos os tipos de terreos, aínda que prefiran as zonas con cortados rochosos de moi diversos tamaños que estean cerca de cultivos e sobre todo cerca de  vertedeiros. Atópanse tanto en  zonas boscosas como de matogueiras.

Reprodución:

Ambos sexos viven sós e soamente se xuntan cando chega a época do cortexo. Cando atopan un bo sitio de cría, indícano cavando un pequeno burato na terra e fan unha serie de camadas características, así atraen á parella que manteñen de por vida. O niño é unha cavidade en troncos de árbores ou acantilados e poñen de 2 a 6 óvos unha soa vez no ano. A femia incuba  os ovos mentres o macho consegue o alimento e o cabo de 36 días os ovos eclosionan. A nai encargarase de ensinarlles a comer e de protexelos.

Dieta:

Aliméntase de pequenos mamíferos, como ratos e ratas de campo, liróns e incluso outros animais máis grandes coma coellos e esquíos. Tamén caza aves coma corvos,  perdices, pombas, pegas e incluso outras rapaces coma ratoeiros, cernícalos, curuxas,…Unha vez dixerida a súa presa, regurxitan pola boca en forma de egagrópilas as partes menos dixeribles da súa presa coma son os ósos e o pelo.

ojd