Archivo para octubre 29th, 2012

Tempo do Samaín nos blogs de Voz Natura

Lunes, octubre 29th, 2012

Ola a toda a comunidade Voz Natura,

desde a casa central queremos que nos axudedes a construir unha verdadeira biblioteca de recursos para celebracións  especiais relacionadas coa natureza e, por suposto co Ano Internacional da Enerxía Sostible. Iremos etiquetándoas co nome do evento para que vos resulten máis doadas de atopar para os próximos anos.

Aproveitando a cercanía do Samaín recopilamos algúns sites interesantes:

  1. Recursos para aplicar directamente na aula. desde a Biblioteca Mestres Goldar
  2. Galerías de imaxes, poemas, recetas, actividades CLIC..todo desde o CEIP Antonio Pedrosa Latas de Viveiro.
  3. Webquest, historia do Samaín, UDD, xogos, cancións… desde a web de Norberto.
  4. Que nos recomendades? Esperamos as vosa aportacións.

E non todo todo van  ser links, tamén nos gustaría compartir  experiencias como esta que  compartimos  desde a Escola de Casalaonga, onde os “Pingococos Científicos” aproveitando que  están  a traballar o proxecto do corpo humano, utilizan diferentes partes do corpo para facer pantasmas e morcegos de Samaín.

embedded by Embedded Video

ojd