Archivo para octubre 23rd, 2012

Xornadas “2012 Ano Internacional da enerxia sostible para todos”

martes, octubre 23rd, 2012

Os días 26 e 27 de outubro vanse desenvolver  as xornadas “2012 Ano Internacional da enerxia sostible para todos” no CEIFP Politécnico de Santiago.

As xornadas teñen como obxectivo  profundizar no concepto de enerxía sostible desde o punto de vista  científico,  empresarial e institucional e mostrar recursos e boas prácticas escolares.

Voz Natura toma un papel relevante nas xornadas coa intervención de Marcos Maldonado do Comité Científico que falará das ctividades de divulgación de fomento da enerxía sostible dende os museos científicos e coas ponencias de catro centros emblemáticos do Programa, O CPI de Panxón e o Colexio Guillelme Brown de Ourense,  aos que animamos a compartir a experiencia nos seus blogues de proxecto, e o CEIFP Someso  e o IES Universidade Laboral  que participaron no programa do ano pasado.

Descargade  o  programa das xornadas e animádevos a participar e compartir cos compañeiros e compañeiras da comunidade docente de Voz Natura este momento de encontro e profundización no lema central da edición 2012 do programa Voz Natura.

Aínda quedan prazas libres, polo que podedes inscribirvos en www.edu.xunta.es/fprofe

ojd