Archivo para octubre 15th, 2012

A comunidade Voz Natura comparte nos blogs

Lunes, octubre 15th, 2012

Unha das vantaxes máis significativas de pertencer a unha comunidade de blogs como a de Voz Natura e que , entre todos e todas, vamos conformando unha plataforma cada vez máis sólida de profesores traballando nunha mesma dirección.

Para comenzar a semana deixámosvos as aportacións doutros blogs para os tan necesarios recursos sobre o tema central desta convocatoria e invitámosvos a deixar algún link máis nos comentarios.

Dende o CEIP A Laxe  de Valón_Ferrol , Alternactívate, deíxannos  deixamos unha listaxe de páxinas web moi interesantes que tedes á vosa man só con premer nas imaxes do interesante post que veñen de publicar.

Peques Reboreda, desde Reboreda   deixanos  tamén dous excelentes recursos de temática medioambiental que poden axudar a integrar dun xeito global a eficiencia enrexética e a sostibilidade en  educación infantil e primeiros cursos de primaria.

Moitos e moi bos recursos os que comparten desde O CPR Cervantes en Lugo.

En fin, que poderiamos continuar cunha extensa lista de blogs que comparten recursos e non pararíamos de sorprendernos do excelente traballo que estades desenvolvendo.

Quen se anima a deixar algún links de recurso nos comentarios deste post?

ojd