Archivo para octubre 10th, 2012

Patrullas ecoeficientes Voz Natura

miércoles, octubre 10th, 2012

“Só nos facemos idea da magnitude dun problema cando o medimos” ( de aí a orixe da palabra) e un primeiro paso no labor de concienciación cara á eficiencia enerxética é percibir o “despilfarro” cotidián.

Tanto de forma virtual facendo o test de eficiencia enerxética de Twenergy como na realidade analizando un aula baleira.

Esta é unha das accións previas ao reto que vos expomos hoxe desde Blognatura.

Animádesvos a crear un sistema de ecopatrullas eficientes?

É simple, desde Educación Infantil até Bacharelato dividimos a clase en patrullas de cinco membros que rotarán durante unha semana cada unha, cumprindo co labor de revisar luces acesas, portas e fiestras abertas no inverno, aparellos enchufados e sen uso etc.

As patrullas de maiores asesorarán ás de pequenos e, unha vez ao mes, reunirémolos a todos no recreo para que nos vaian contando os seus avances.

O blog de aula serviranos como diario de bitácora do proxecto e como almacén de recursos e links para ir aprendendo pouco a pouco en función do nivel educativo.

Podemos crear unha categoría con cada patrulla para rexistrar os seus avances e imaxes e texto e pór un nome divertido a cada unha delas. Por exemplo: “A Patrulla antivampiros de Luz”, “Cazafantasmas  de enerxía”..

E xa que falamos dunha acción en equipo, Por que non xerar un código deontolóxico  de actuación cos comentarios que nos deixen nun post  no blog de aula sobre este  tema? Sempre podemos asignar unha credencial de patrulleiro/a ecoeficiente de Voz Natura aos participantes.

Como material de apoio podemos crear uns cadernos de anotacións para as expedicións das patrullas  e expor, como medida inmediata, unha campaña para o próximo Nadal, unha época na que o malgasto enerxético aumenta.

Unha idea que moitos de voostros xa levades a cabo pero que non mostrades nos blogs.

Animádevos a presentarnos as vosas patrullas cun link  nos comentarios  deste post!!

ojd