Archivo para octubre 1st, 2012

Comenzar xogando desde o CEIP Pichel

lunes, octubre 1st, 2012

Os blogs de Voz Natura están en marcha e a todo gas.

Para comenzar con forza neste ano,  os “ecopatrulleiros do Pichel” comparten co resto da comunidade en rede Blognatura desde Coristanco  un recurso estupendo, o xogo  Energy  da Axencia de Eficiencia Enerxética de Quebec, pertencente ao Ministerio de Recursos Naturais e da Fauna de Canadá. .

O xogo   invitan aos nenos e non tan nenos, a acompañar  ao protagonista por unha casa virtual premendo sobre os elementos que permitirán aforrar enerxía. Divertidísimo e moi didáctico.

Unha forma sinxela de introducir aos rapaces no tema e, de paso, axudalos a que descubran como usar a enerxía nos seus fogares dun xeito máis eficiente.

Só tedes que premer na imaxe para xogar:

Gracias ecopatrulleiros!

ojd