Archivo para abril 13th, 2008

CEIP VISTA ALEGRE

domingo, abril 13th, 2008

Ola a tod@s :

Dende o CEIP Vista Alegre queremos compartir ca comunidade de blogur@s de Voz Natura a nosa experiencia:

O noso invernadoiro segue a ser un ano máis a xoia do noso patio. Nel desenvolvense actuacións relacionadas coa evolución vital das distintas especies hortofrutícolas que cada ano variamos para que o alumnado acabe observando e estudiando a maior cantidade posible delas.
Cada curso conta cunha parcela e os traballos repártense entre todos para poder desenvolverse pouco a pouco nas tarefas agrícolas.
Despois de feitas as plantacións ven o traballo de observación e coidados. Seguindo un calendario semanal permítenos que non haxa aglomeracións nin se estorben uns ós outros.
O recreo é unha ocasión idónea para que o alumnado pase pola parcela a comprobar si ésta precisa dalgún coidado especial.
O traballo de observación plásmase despois, ben en cadernos de campo ou ben en murais colectivos.
ó final de curso o alumnado leva para as súas casas a parte proporcional que lle toca, sendo ese un bo momento  para traballar conceptos matemáticos referidos ó reparto, producción, perda dalgún froito…
Dende logo a experiencia e moi boa e ante todo formativa xa que o alumnado faise consciente da maneira de poder conquerir os alimentos dun xeito natural e sobre todo e importantísimo para esa gran parte do alumnado que non teñen oportunidade de ver medrar os alimentos que consumen a diario.
Pensamos que dende o ámbito educativo débese fomentar este tipo de actuacións para que dende a observación e a manipulación podamos inculcar o valor pola producción a pequena escala de alimentos controlados e sanos para o consumo familiar.

ojd