Un periódico que publica cando lle peta?

Os blogues, como os periódicos,necesitan unha  frecuencia de actualización  polo menos semanal. O ideal para comenzar é publicar tres veces á semana para fidelizar ós seus lectores.

Os blogues de Voz Natura están a ser vistos por moita xente na rede e como calquer lector os nosos lectores se aburren se atopan o mismo post durante días seguidos. Ademáis o feito de publicar con regularidade nos permite ós autores dos blogs  irnos acostumando a ferramenta e, pouco a pouco, ir introducindo melloras.
No Blogue Maestro do programa Voz Natura, imos aportándovos recursos e ideas para os vosos blogues.
Non esquezades deixarnos os vosos comentarios con suxerencias de recursos ( enlaces, actividades, etc) que necesitedes para os vosos proxectos e para os blogues.
Lembrade que os xogos son un elemento motivador para habituar ós nenos e ós non tan nenos  a traballar cos blogues e para desenvolver a sua competencia dixital
Esperámosvos en BlogNatura.

Marcar el enlace permanente.

Un comentario

  1. Non estando en desacordo coa idea do escrito, quero matizar que non chega con publicar a miudo, nin siquera con publicar con deseño «by Apple» (lonxe de nós aínda!). A prensa está a regalar de todo para que compren o periódico, por que será? A desidia lectora dun adolescente precisa algo máis que frecuencia e deseño (e, por suposto,»premios»). Necesita unha motivación real e constante, o que nos leva a unha paradoxa: se necesita estar máis cerca de Teresa de Calcuta que de Steve Jobs. Pois non esquezamos que MS ou Mchome están máis cerca de Mc Donalds que da «Banca dos Pobres» hindú, por exemplo. Ou, dito doutro xeito, chega con ler os comentarios da maioría dos blogues e páxinas web (se os hai!) para notar «certa» dificultade de comunicación na megafamosa rede.

    Éche un pouco longo, pero a culpa a ten Susana (que me invitou a «pastar» neste campo).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *