Resultados de búsqueda por: antroido

Antroido 2016: Compartide as actividades en Blognatura

Como cada ano, desde Blognatura os propomos recursos para o Antroido, tanto no 2015  como no 2014, propuxemos vínculos ás páxinas e materiais de outros mestres e institucións que cada ano van renovando o repertorio de recursos de Antroido.

Este ano, nos encantaría contar coa vosa colaboración, compartido desde Blognatura, as actividades e materiais que facedes.  Que tal darnos un prazo máximo de tres días a partir de hoxe?

Mentras tanto, vaiamos pensando nun carnaval ecolóxico como o que celebran na aldea do Freixo. Preme na imaxe para disfrutalo!!

Captura de pantalla 2016-01-25 a las 16.16.23

Antroido no CEIP Albino Núñez

Desde o blog «Do horto ao plato» do CEIP Plurilingüe Albino Núñez envíannos unhas imaxes «moi saudables» da comparsa de carnaval.

Os pequerrechos de infantil, caracterizados como fresas, manzáns, cenoiras tomates e multitude de foitas e hortalizas, dan mostra  do labor que se desenvolve no centro dentro dos proxectos:  Proxecto SI! (Saúde Integral), Do horto ao prato (Proxecto de Voz Natura), o Plan de consumo de froita fresca nas escolas e o Proxecto de comedor escolar do centro.

Non deixedes de visitalos desde este link.

Parabéns polo traballo!!

 

Antroido en Voz Natura

A festa do Antroido é un evento importante na comunidade de blogs de Voz Natura.

Por estas datas, tódolos anos  as páxinas dos blogs de centros mostran a creatividade e imaxinación dos profesores que participan no programa a través de vídeos, experiencias didácticas, imaxes e un sinfín de actividades.

Como sempre, desde Blog Natura, imos aumentando a nosa biblioteca de recursos para o antroido, engadindo, aos recursos que xa compartimos noutros anos   novedades que aparecen na web.

1- Máscaras e caren taboeiros de Pinterest.

2- Os recursos da biblioteca de Milladoiro onde podedes atopar até receitas de carnaval.

3- Un documento compartido con ligazóns a recursos do antroido desde Casa de Tol@s.

Sen esquecer a visita obligada á web da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüísticafg , onde, como tódolos anos podemos ver as experiencias e materiais desenvolvidos en distintos centros escolares de Galicia.

Só nos queda desexarvos unha boa festa e darvos un pouco a lata desde a EEI Barrionovo cun recitado ao modo cigarróns. Para imitar o ruído das chocas,os rapaces  tunearon latas nas que gardaron pedras.

[youtube T030NGWzRCQ#action=share]

FELIZ ANTROIDO!!

Recursos para o antroido 2014

Para irmos preparando o Antroido con un só clik:

Para recrear a vista e aprender cos LIM:

   

Sen perdenos o Symbaloo de Belén Junquera con máis libros sobre o antroido.

Para traballar a creatividade:

A fábrica de Caras, un divertido xogo con caretas.

Centos de caretas, sombreiros e demáis artiluxios de Caderno Intercultural

 

O carnaval veneciano nas vosas mans.

 

O blog de Norberto con centos de ideas de disfraces

Disfraces con reciclaxe

 

E unha web imprecindible de recursos para o antroido da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística sempre de actualidade.

 

 

 

Recursos para o entroido

Como tódolos anos en Blognatura facemos un resumo dos recursos para o Entroido 2019. Sen esquecer os que temos na Biblioteca de Voz Natura do 2017 e o 2018, por non ir maís atrás no tempo.

Comezamos como sempre pola páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística  que ano tras ano ven actualizando os recursos, e, como novidade, incluimos a excelente recopilación de 75 recursos para o entroido da profesora Pilar Ponte «A Profa».

E como o maís importante para nós, ademáis do aspecto patrimonial, é a orientación ecolóxica, aquí deixamos algunhas ideas para celebrar un entroido ecolóxico: desde os habituais disfraces feitos con materiais reciclados até a formación de comparsas con claro mensaxe ecolóxico tanto nos disfraces como nas letras das cancións.

Como exemplo, o carnaval polas rúas que celebrou a EEI de Bairronovo en Arteixo, toda unha comparsa Voz Natura!

Xenerais da Ulla

O carnaval é un dos elementos mais vivos do noso patrimonio inmaterial e tamén unha das festas mais celebradas nas escolas.

Unha boa forma de optimizar o rendemento didáctico desta festa, pode ser combinar patrimonio, recursos  para o aula e o propio proceso de elaboración da máscara e complementos.

Así, nesta ocasión traemos un material didáctico que ten como obxectivo coñecer e disfrutar dunha das celebracións máis emblemáticas, os Xenerais da Ulla, desde a súa páxina oficial:

Como podemos celebrar un carnaval de este estilo na escola e facelo desde o punto de vista da reciclaxe?

Aquí van algunhas ideas:

Contádenos como celebrades o Antroido e o publicaremos en Blognatura!!

Recursos educativos para o Entroido 2017

Como tódolos anos por estas datas, compilamos unha serie de recursos didácticos para o Entroido que pasan á Biblioteca de Recursos de Voz Natura.

Para comezar,  os recursos  do Espazo Abalar,  os da Coordinadora Galega de Normalización Lingüística unha nova colección  de materiais, actividades e xogos sobre a festividade do Entroido que comparte desde fai anos o profesorado do Seminario Galán no Portal da Língua Galega, moi útiles para o alumnado de educación infantil e primaria. Un pdf sobre xogos, contos e distintas actividades do Entroido.

Outro clásico por estas datas, os recursos do blog Aula TIC para o Entroido,  e os de Econenos.

E para finalizar o acceso  aos recursos para o Antroido  publicados en Blog Natura en anos anteriores.

Aprendemos a ser eficientes no Día Internacional da Eficiencia Enerxética

Ademáis dos recursos educativos que publicamos fai pouco para celebrar o Día Mundial da Eficiencia Enerxética, invitámosvos a  que xoguedes cos vosos alumnos a algúns dos xogos online máis populares sobre eficiencia enerxética, como unha tarefa lúdica  e concienciadora para o inicio das clases despois do antroido.

Para alumnos de ESO:

Myabodo : un xogo interactivo  no que debemos rehabilitar a nosa vivenda para reducir o consumo enerxético e facela máis respetuosa co medio ambente.
«Climántica, o xogo» xogo dirixido a 3º ciclo de Primaria e ESO onde temos que planificar e ordenar accións e recursos para crear e xestionar un territorio sustentable.
 My Energy Smart Home  para montar unha casa eficiente  en 10 pasos.
Para alumnos de  Primaria:
My Sust. House con tres xogos para construir unha casa efciente nun entorno sostible.
Contos e cadernos de actividades didácticas na casa da  familia Natura para axudarnos a ser máis eficientes no consumo diario no fogar.