MAGOSTO

O pasado 14 de novembro celebramos o noso magosto. Os nenos e nenas de Educación Infantil celebrárono no patio do colexio, e ademáis de bolos preñados e castañas tiveron xogos, moitos xogos. Pasárono de medo!.
Por outra banda o alumnado de primaria desprazouse á campa de Torneiros. Un emprazamento marabilloso para disfrutar do día. Soleado, afortunadamente. Os maiores en canto chegaron tiñan moita faena que facer, recoller leña polos arredores para axudar aos mestres a facer as fogatas e….LIMPAR O MONTE.

Neste video podedes ver o atarefados que estaban, pero… e o ben que o pasaron???

LEMBRADE: Non se trata de limpar o monte, senón de non ensucialo. É unha responsabilidade de todos.

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

BENVIDOS

Ola a todos,

Este ano comezamos un novo proxecto no cole para dar a coñecer tódalas actividades, experiencias, vivencias…que iremos desenvolvendo ao longo do curso relacionadas coa educación ambiental e coa nosa horta.

Esperamos que este blog se converta nun punto de encontro de toda a comunidade educativa. Agradecemos de antemán calquera comentario, suxestión, idea…que poida xurdir pola vosa parte.

Todos listos? Comecemos!!!!

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

A HORTA DE AURI

“Miña terra, miña terra,

terra donde m’eu criei,

hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei”

                                                                        Cantares gallegos (Rosalía de Castro)

Este anaco do poema de Rosalía simboliza o espíritu deste novo proxecto no noso colexio. Non é unha maneira moi común de comezar un blog escolar, sabémolo, pero facémolo dende o corazón e a lembranza da nosa querida compañeira Auri.

Amaba e defendía por igual natureza e animais. Amaba o noso, a nosa língua, a Terra, a Rosalía…Por iso, e por moitas cousas máis, non podía levar outro nome,,,,,

 A HORTA DE AURI.

Regaremos e coidaremos con moito agarimo todo o que aquí sementemos ou plantemos.

 

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario