Pasiño a pasiño

Neste curso escolar o tema que traballamos todos os colexios participantes en Voz Natura é “Defensa dos espacios naturais do Camiño de Santiago”.

Nun principio a idea que tiñamos era percorrer o camiño desde Allariz ata Santiago por pequenas etapas repartidas entre todas as aulas do colexio. Como en todo, tivemos que adaptar ese megaproxecto ás circunstancias actuais, pero non nos rendimos. Queremos facer os quilómetros que separan Allariz de Santiago de Compostela doutro xeito.

Iremos informando das novidades e de como pasiño a pasiño imos facendo este fermoso camiño de aprendizaxe.