5 ANOS B ENCARGADOS DO HORTO

A semana de principios de Maio, os nenos e nenas de 5 anos B foron os responsables de encargarse do horto escolar e do coidado das galiñas.
O luns, o primeiro que fixemos foi reproducir unha votación como fixeran as súas familias o día anterior, nas elección xerais. Tiñamos que votar entre mercar leitugas ou tomates. Eliximos a un presidente de mesa que lle tocou ó responsable do día e a un vogal. Cada un escribiu no seu papel a elección e despois de comprobar na lista que se atopaba o seu nome e de ter a aprobación do presidente da mesa, exercía o seu dereito a voto. Tralo reconto de votos gañou a elección de mercar tomateiras con 10 votos e cinco para as leitugas.


Despois elaboramos os carteis para sinalar na horta a nosa plantación e saber dos coidados que precisa e elaboramos unha etiqueta para a caixa dos ovos.


No horto, sacamos as galiñas a pasear e mentres limpamos o galiñeiro, revisamos se había ovos e picamos o pan atrasado. Tamén aproveitamos para regar as plantacións do resto de compañeiros e arrancar xunto coas galiñas algunha mala herba.


No invernadoiro preparamos o terreo para a plantación, arrancando malas herbas, picando, removendo e regando a terra.

Despois de hidratarnos na aula porque facía moita calor voltamos á rúa para ir mercar as tomateiras á tenda. O dependente explicounos todas as plantas que alí vendía e serviunos 10 tomateiras de dúas clases diferentes.

 
De volta, no invernadoiro fomos plantando por parellas as tomateiras nos regos que tiñamos preparados. Van crecer un montón! porque facía moita, moita calor.

Xa na clase sorteamos os ovos por número de lista. Que os disfrutedes familia!

O resto da semana seguimos cos coidados do horto e das galiñas. Emocionados estivemos cando atopábamos ovos no galiñeiro e cando lle tocamos a cresta ás galiñas. Pero que mansiñas son!

 

E para que as familias viran o ben que o pasamos creamos este vídeo:

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

E hoxe… tocoulle a quenda a 1º B

Os máis pequenos estiveron hoxe moi traballadores. Coa axuda da mestra revisaron a evolución do plantado no invernadoiro (allos, cenorias , chícharos , cebolas…). Tamén coidaron das pitas, dándolle de comer, beber, limpando e unha afortunada levou un ovo para a súa casa. Podedes velo nas seguintes imaxes.

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , | Deixa un comentario

VIVIR NO SOLO

Este é o título dun cómic creado polo Consello de Cultura Galega, que acaba de ser reeditado, e é utilizado como recurso didáctico en museos e parques naturais como o de Nebrodi (Sicilia).
Como a noticia parécenos que ten importancia deixámosvos a ligazón para que lle botedes unha ollada.

http://https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/12/06/reeditan-vivir-solo-comic-sobre-importancia-terreno-genera-interes-nivel-internacional/0003_201812G6P27995.htm

 

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

DÍA DA PAZ 2019

Esta xornada adicámola a alimentación en xeral, consumo responsable, deforestación… especial mención á nosa horta inaugurada oficialmente ese día.
Dende o departamento de TICS elaborouse un vídeo que proxectamos para todos os meniños do centro e as súas familias.
Aquí tedes o video na seguinte ligazón.

https://youtu.be/uySpBS0vJF4

 

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

CONCURSA COS BOLECHAS

Anímaste a concursar cos Bolechas?. Seguro que eres capaz de contestar a todas as preguntas.

https://vimeo.com/199639772

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

RECICLAR SEN PARAR

Por se alguén ten algunha dúbida de como separar o lixo, na entrada do noso colexio, temos un mural moi grande e visible para saber onde temos que tirar cada cousa. A que está bonitiño?

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

DE HOMO CONSUMUS A HOMO RESPONSABILUS

Neste video podedes ver de maneira sinxela e divertida qué sinxelo pode ser cambiar os nosos hábitos de consumo por outros máis respectuosos co medio ambiente.
O vídeo está feito por Pablo Llorens (animador especializado en stop-motion).

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

MALAS HERBAS….FORA!!!

Ola a todos, xa comezamos o noso traballo na horta porque hai moito, moito que facer e non nos podemos durmir.

Os alumnos de 5º fai uns días estiveron limpando as malas herbas dos caixóns e poñéndoos a punto para poder utilizalos, con tanta herba non se podía facer nada, e quedaron, limpiños, limpiños.

Tamén houbo traballo no invernadoiro, limpeza e estercar. Unha vez rematado e posto a punto….os nenos plantaron berzas.  

Os nenos de 4º, tamén tiveron faena, limpar o muro que hai arredor da horta de malas herbas e plantar chícharos no invernadoiro.

               

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

PATRULLA VERDE

Este ano botou a andar a PATRULLA VERDE.

En primeiro lugar as mestras organizaron o traballo da Patrulla, grupos, encargar chalecos, distribución, espazos, tempos…. Despois, unha vez feito toda esa labor organizativa, os nenos de 4º pasaron unha mañá por todas as clases informando en qué ía consistir a súa función. 

Neste video podedes ver a primeira patrulla traballando con moita ilusión.

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

E CHEGARON AS GALIÑAS!!!!!!

Que ganas tiñamos todos de que chegara este día. Tanto mestres coma nenos preguntando día sí e día tamén :”Chegaron as galiñas?” E por fin chegaron. Non lle fixemos honores, pero case. Tiñamos moita ilusión, de verdade que sí.

Bueno, pois xa están connosco. Os nenos preparáronlle todo o necesario para que estean cómodas e contentas. Preparáronlle o comedeiro, o bebedeiro, déronlle unhas berciñas de agasallo…aquí o podedes ver.

E posaron así de guapiñas para a foto.

 

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario